A Fabrica De Vilanova

Rating 4.8 (average of 44 opinions)

Restaurante A Fábrica de Vilanova en Allariz, unha agradable experiencia culinaria a mans de André Arzúa, nun contorno privilexiado e nun edificio con historia.

A Fabrica De Vilanova


A Fábrica de Vilanova é un proxecto que botou a andar en 2004 co obxectivo de facer dunha profesión ás veces dura unha forma de vida. Partíamos dun feixe de ilusións e dunha certa experiencia neste oficio, o que se aliou cun contorno privilexiado e un edificio con historia e personalidade: unha antiga fábrica de curtidos do século XVII, á sombra dunha ponte románica sobre o Arnoia, onde hai séculos montaban garda os cabaleiros templarios.

A aventura na que nos mergullabamos demandaba grandes doses de entusiasmo e non pouco esforzo que ofrecían, a cambio, a libertade de poñer a proba con cada innovación na carta a nosa creatividade ó servizo dunha clientela que cada vez ten máis claro o que quere e por que. Por iso apostamos por unha cociña que tenta combinar os produtos de tempada cun estilo contemporáneo que fai que non se poida falar dunha senón de varias cartas de A Fábrica de Vilanova.

    Restaurant, Cafe, Religious Center

    Dinner, Lunch

   988442434

      Rúa Vilanova, s/n, Allariz, Spain

Leave a comment




"Your favorite venues in one click"